domingo, 14 de junio de 2015

O 13 de maio fixemos unha viaxe a Rianxo e Padrón, con alumnos de varios niveis de ESO. Visitamos a aldea maldita de Abuín, perto de Rianxo, escenario da novela "O alento nas costas" de Natalia Carou. Alí coincidimos coa autora do libro, que nos explicou in situ a historia do lugar e a lenda que o rodea. Seguidamente fomos a Rianxo, onde vimos as casas de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, todos naturais desta localidade. Logo fomos a Catoira, onde vimos as torres do Oeste e as réplicas de barcos viquingos amarradas na costa. Despois viaxamos cara Padrón, onde visitamos a casa museu de Rosalía e o Xardín Botánico da vila. Unha xornada moi produtiva.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario