lunes, 15 de junio de 2015

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o centro organizou unha exposición conmemorativa en torno á figura de Xosé Filgueira Valverde, o autor homenaxeado este ano.



domingo, 14 de junio de 2015

O 13 de maio fixemos unha viaxe a Rianxo e Padrón, con alumnos de varios niveis de ESO. Visitamos a aldea maldita de Abuín, perto de Rianxo, escenario da novela "O alento nas costas" de Natalia Carou. Alí coincidimos coa autora do libro, que nos explicou in situ a historia do lugar e a lenda que o rodea. Seguidamente fomos a Rianxo, onde vimos as casas de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, todos naturais desta localidade. Logo fomos a Catoira, onde vimos as torres do Oeste e as réplicas de barcos viquingos amarradas na costa. Despois viaxamos cara Padrón, onde visitamos a casa museu de Rosalía e o Xardín Botánico da vila. Unha xornada moi produtiva.



















O 15 de marzo visitounos a escritora Andrea Maceiras, que veu dar unha charla na biblioteca do noso centro. Falou da súa obra e o seu método de traballo, e os rapaces tiveron ocasión de conversar con ela e obter exemplares asinados das súas obras. Unha experiencia moi agradable que deixou ao público con ganas de repetir.



O día 14 de febriro celebramos o noso tradicional festival de antroido. Ademáis do clásico concurso de disfraces, tivemos actuacións musicais, karaoke e sesión de baile a cargo dos alumnos do centro.










Tras o atentado contra a publicación francesa Charlie Hebdó, algúns alumnos de 4º de ESO fixeron unha homenaxe como mostra de solidaridade, reproducindo nas cristaleiras do corredor as cores da bandeira francesa. O texto inclúe o lema, adoptado internacionalmente, de "Todos somos Charlie".




En xaneiro, os alumnos de 1º de ESO fixeron unha serie de debuxos sobre patrimonio natural e paisaxes da nosa contorna. Un traballo artístico moi logrado, e unha forma de dar a coñecere poñer  en valor os nosos recursos naturais.






En decembro celebramos o festival de Nadal. Un grupo de alumnos da ESO cantou unhas panxoliñas, e houbo tamén actuacións musicais e de baile. Todo presentado por Sofía, a nosa mestra de ceremonias de 1 de ESO.





O día 16 de decembro, un grupo de alumnos de varios niveis acudíu aos cines Dúplex de Ferrol a unha nova convocatoria da actividade "En galego, de película". Nesta ocasión fomos ver unha comedia, "Os mortos van ás presas", dirixida por Ángel de la Cruz, e que conta cun selecto reparto de actores galegos. Un día para botar unhas risas no noso idioma.




O 30 de outubro celebramos, un ano máis, o samaín. ademáis dos típicos motivos ilustrativos desta festa, como as cabazas decoradas, tivemos tamén unha xornada de xogos populares, na que todos amosamos as nosas destrezas. Para repoñer forzas, cómo non, unhas castañas!
  











O día 8 de outubro, no Auditorio Carballo Calero de Ferrol, o noso centro participou nun recital de poesía homenaxe a Carmela Loureiro, profesora de Lingua Galega e compañeira nosa por moitos anos. Un grupo de rapaces de varios grupos e niveis recitaron poemas en galego a partir dunha escolma feita pola nosa compañeira Carme Blanco, coordenadora, alma mater e organizadora do proxecto. Lembrámoste, Carmela!



Entre o 29 de setembro e o 10 de outubro, o noso centro prticipou, en colaboración co Concello de Neda, no programa de dinamización lingüística Canto Conto!. Este programa consiste nunha serie de actividades de comunicación, escrita creativa e narración oral, desenvolvido ao longo de varias sesións celebradas no salón de actos. Alí estiveron os nosos alumnos dándoo todo...