sábado, 20 de septiembre de 2014

E está a piques de saír do prelo a nova edición da revista "Vaidaí", dando conta de canto fixemos no curso pasado. Agradecemos a súa participación a todos os colaboradores, convidándoos a todos a recuncar de cara ao ano que vén.


Aquí tedes unha mostra do traballo de cómic que fan os nosos alumnos. Trátese da historia "O médico", creada, tanto guión como debuxo, por Lucas Sixto. Aínda habedes rir un cacho...





Este ano publicamos unha nova memoria de actividades da Equipa de Dinamización Lingüística do noso centro, onde recollemos o traballo feito ao longo do curso. Grazas a todos os que fixestes posible este labor.