domingo, 27 de abril de 2014

Igual que tódolos anos, este curso tamén celebramos o entroido. Houbo certame de disfraces, música e karaoke en galego no que varios alumnos da ESO nos fixeron disfrutar coas súas melodiosas voces.




No mes de abril, varios alumnos do centro, coa colaboración da EDLG, participaron no certame de vídeo "Olloboi", que premia traballos feitos por estudantes de centros educativos de toda Galicia. Un destes vídeos é  a curtametraxe de Noelia Romero "Máxico intre", e outro é un documental elaborado por un grupo de alumnos de Bacharelato sobre un grupo de Rock nacido no noso centro, a banda "Toxos Bravos".

documental "Toxos Bravos"

video "Máxico intre"

O día 11 de abril, por iniciativa do Departamento de Galego, celebramos un pequeno acto en conmemoración de Rosalía de Castro, consisitente nunha pequena exposición e un recital poético, onde un grupo de alumnos lembrou algúns dos seus versos. A EDLG colaboróu na organización e elaboración dun pequeno vídeo introductorio, que servíu de fondo ilustrado para o recital.

vídeo rosalía


 Un ano máis, a coordenadora de equipas de Ferrolterra, convocou o certame "Poesía e imaxe" de debuxo e ilustración. Como ven sendo habitual, o centro tomou parte, pero este ano a nosa participación non foi en soportes convencionais, senón en vídeo, unha das novidades da convocatoria. A nosa alumna Noelia Romero, elaborou unha curtametraxe de videocreación baseada nun poema de A. Pushkin, que leva por título "Máxico intre".

vídeo "Máxico intre"

Os alumnos de 4º de ESO de Almudena Falcón, comoxa  dixemos, participaron nun concurso a nivel estatal sobre o recoñecemento da propia herdanza cultural, chamado "Yo conozco mi herencia, ¿y tú?". Como resultado desta participación, levouse a cabo a elaboración dun vídeo no que a nosa EDLG colaborou activamente.

video "Eu coñezo a miña herdanza"

O día 14 de febreiro houbo algunhas actividades no noso IES relacionadas con San Valentín. Por un lado, un grupo de alumnos de 1º ESO decoraron o corredor central do centro con varios carteis conmemorativos, en tanto que outro grupo de alumnos de 4º de ESO, coordinados pola nosa compañeira Almudena Falcón, ofreceron un recital poético con estes carteis de fondo, aproveitando a súa participación nun certame lírico sobre a nosa herdanza cultural.




video recital "coñezamos a nosa herdanza"




O último día de clase antes das vacacións do Nadal, celebramos un festival con diversas actuación musicais. Por un lado, os membros do Obradoiro de Rock interpretaron algúns dos seus temas, en tanto que os participantes do Obradoiro de Baile Moderno, deleitaron a unha nutrida audiencia cos seus movementos.


Igual que o ano pasado, celebramos tamén un magosto no mes de novembro, con diversas actividades e xogos populares que nos fixeron pasar unha mañá moi animada.


No mes de Santos celebramos o Samaín. Houbo un concurso de cabazas decoradas, que animou a moitos rapaces a facer gala da súa imaxinación á hora de inventar imaxes terroríficas. Unha pequena mostra destas cabazas iluminadas.


O día 31 de xaneiro desenvolvimos unha experiencia lúdica colectiva no centro, destinada a reivindicar e apoiar un ensino público de calidade a través dunha orixinal actividade deportiva. Déixovos algunhas imaxes.





A principios de este ano, en concreto o día 31 de xaneiro, moitos membros da comunidade educativa participaron nunha concentración en defensa do ensino público na entrada do noso centro. A iniciativa tivo unha calurosa acollida.



O 17 de decembro, varios grupos da ESO fonon ver a película de animación "O Apóstolo", que foi proxectada no cine Dúplex de Ferrol, como parte do ciclo "En galego, de película", que ven celebrándose dende hai varios anos. Trátase dun dos filmes de animación máis premiados dos que se produciron na nosa terra.




Dentro das actividades do primeiro trimestre do curso, na segunda quincena de outubro, o Fernando Esquío colaborou co departamento de Dinamización lingüística do Concello de Neda nunha actividade de Dinamización Creativa, que se desenvolveu no noso centro, e na que participaron moitos alumnos de diversos grupos da ESO. Aquí vos deixo uns vídeos como mostra do traballo desenvolvido.

conto colectivo

rap do Esquío

presentación do Esquío

Galem Nedass





Este ano comezamos a publicar en youtube alguhas gravacións das actividades musicais do Obradoiro de Rock do noso centro, que xa leva varios anos funcionando. Aquí tedes os enlaces das primeiras entradas, pouco a pouco iremos poñendo máis, que hai moitas...

directo en vilalba
 
videoclip "lonxe daquí"




directo en Lalín

directo no IES

videoclip "Lingua natural"