lunes, 6 de mayo de 2013

Outra recente actividade organizada pola profesora Almudena Falcón, foi a elaboración, con alumnos de ESO, dun taller de haikus. Estes son, como xa saberedes, pequenos poemas nos que se tende a expresar unha idea ou unha imaxe de forma sinxela, a través dunha estructura de tres versos. O resultado foi exposto no pasillo central, a carón duns debuxos elaborados en Plástica por alumnos de 4º de ESO. A estética minimalista, case xaponesa, dos debuxos realza o contido dos haikus, dando como resultado un conxunto moi orixinal e atractivo. Parabéns aos poetas!





Outra das actividades clave deste ano foi o festival de Antroido. Houbo unha nutrida participación, que amosou unhas ganas de xolda impresionantes. Tivemos disfraces, música e moitos premios. Aquí tedes un collage de imaxes elaborado pola profesora Almudena Falcón, que retrata o ánimo festivo do noso centro. Como en anos anteriores, a xente non falla no Antroido.


Ola!
Logo de solventados algúns problemas técnicos que nos tiveron afastados, volvemos ao blog de Dinamización Lingüística. Nesta ocasión, para lembrar unha exposición que vistes no noso centro o pasado Nadal, e que a profesora Almudena Falcón levou a cabo cos alumnos de ESO. O tema. unha figura tradicinal da nosa cultura, o Apalpador. Parabéns a todos os participantes!