jueves, 20 de diciembre de 2012

Ola!
O pasado martes fomos cun grupo de alumnos de 4º de ESO e 1º de Bacharelato a ver a película enrrugas aos cines Duplex de Ferrol. A experiencia foi moi grata e interesante, e recoméndovola a todos. Trátase dun filme de animación, baseado no cómic homónimo de Paco Roca, que relata a relación entre emilio e Miguel, dous anciáns que viven nunha residencia, co tema do deterioro  asociado á idade como trasfondo. A calidade visual dos fondos, a precisión do ritmo narrativo, a riqueza psicolóxica das personaxes, e a grande sensibilidade coa que o director, Ignacio Ferreras, consigue achegarse a un tema tan delicado, fan desta película un título imprescindible no actual panorama de estreas audiovisuais.
Un peliculón.

domingo, 16 de diciembre de 2012

titerehop

Ola! Hai uns día tivemos a sorte de contar no centro co equipo de Títerehop, unha actividade que mistura rap e monicreques, e que conta coa entre os seus monitores con García mc, coñecido membro do grupo de rap galego dios ke te crew. Déixovos por aquí os enlaces aos vídeos da actividade. Pagan a pena.

 
vídeos
 
vídeo da canle de youtube onde podes ver máis vídeos doutros centros
 

jueves, 22 de noviembre de 2012

Ola, aquí vos deixo un fermoso collage con imaxes do magosto feito por Almudena Falcón.

jueves, 8 de noviembre de 2012

Co outono e o mes de santos chegan os magostos. No noso centro celebramos unha destas festas populares o pasado día 31 de outubro con castañas, música e xogos tradicionais, que obtivo un grande éxito de crítica e público. Por outra banda, no corredor principal, nos taboleiros de Dinamización, podedes ver unha exposición de traballos realizados por alumnos de ESO, coordinados pola profesora Almudena Falcón. Nela hai dende fotografías ata mostras de productos e plantas propios deste tempo. Inclúese tamén unha interesante collección de ditos e refráns populares relacionados co outono. Agardamos que vos guste.

 




miércoles, 7 de noviembre de 2012

Inauguramos o novo Blog da equipa de dinamización da lingua galega. Para esta nova etapa temos pensado un novo e apaixoante abano de actividades. Unha delas foi a asistencia ao teatro o pasado martes 6 de novembro, para ver "memoria das memorias dun neno labrego", de Cándido Pazó, no pazo da cultura de Narón. Grande Pazó.