lunes, 15 de junio de 2015

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, o centro organizou unha exposición conmemorativa en torno á figura de Xosé Filgueira Valverde, o autor homenaxeado este ano.



domingo, 14 de junio de 2015

O 13 de maio fixemos unha viaxe a Rianxo e Padrón, con alumnos de varios niveis de ESO. Visitamos a aldea maldita de Abuín, perto de Rianxo, escenario da novela "O alento nas costas" de Natalia Carou. Alí coincidimos coa autora do libro, que nos explicou in situ a historia do lugar e a lenda que o rodea. Seguidamente fomos a Rianxo, onde vimos as casas de Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste, todos naturais desta localidade. Logo fomos a Catoira, onde vimos as torres do Oeste e as réplicas de barcos viquingos amarradas na costa. Despois viaxamos cara Padrón, onde visitamos a casa museu de Rosalía e o Xardín Botánico da vila. Unha xornada moi produtiva.



















O 15 de marzo visitounos a escritora Andrea Maceiras, que veu dar unha charla na biblioteca do noso centro. Falou da súa obra e o seu método de traballo, e os rapaces tiveron ocasión de conversar con ela e obter exemplares asinados das súas obras. Unha experiencia moi agradable que deixou ao público con ganas de repetir.



O día 14 de febriro celebramos o noso tradicional festival de antroido. Ademáis do clásico concurso de disfraces, tivemos actuacións musicais, karaoke e sesión de baile a cargo dos alumnos do centro.










Tras o atentado contra a publicación francesa Charlie Hebdó, algúns alumnos de 4º de ESO fixeron unha homenaxe como mostra de solidaridade, reproducindo nas cristaleiras do corredor as cores da bandeira francesa. O texto inclúe o lema, adoptado internacionalmente, de "Todos somos Charlie".




En xaneiro, os alumnos de 1º de ESO fixeron unha serie de debuxos sobre patrimonio natural e paisaxes da nosa contorna. Un traballo artístico moi logrado, e unha forma de dar a coñecere poñer  en valor os nosos recursos naturais.






En decembro celebramos o festival de Nadal. Un grupo de alumnos da ESO cantou unhas panxoliñas, e houbo tamén actuacións musicais e de baile. Todo presentado por Sofía, a nosa mestra de ceremonias de 1 de ESO.